“Hai que concienciar en eficiencia enerxética”

A Universidade da Coruña ofrece no Campus industrial de Ferrol un mestrado en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético, pioneiro en España. Con moita saída laboral, permite obter dobre titulación internacional. O seu coordinador é José Luis Calvo Rolle, quen lembra que máis de 3.800 empresas españolas terán que facer auditorías e aplicar técnicas de eficiencia enerxética nun escenario onde non sobran os profesionais.

Por que se puxo en marcha o novo mestrado?

Porque grande parte da experiencia profesional en empresas dos profesores está relacionada coa eficiencia enerxética e coas enerxías renovables; porque os alumnos demandan estudos de mestrado con certa especialización, e porque hoxe é un imperativo legal que as empresas que facturan máis de 50 millóns de euros ou que teñan máis de 250 empregados fagan unha auditoría e apliquen técnicas de eficiencia enerxética en polo menos o 80% do seu consumo.

De cantas empresas falamos?

En España, esta normativa podería aplicarse a 3.800 empresas e 27.000 establecementos ou locais. Ata para vender un piso se pide unha ceritifcación enerxética, aínda que iso se prostituíu. Non se fai ben. Este mestrado acredita tamén como técnico en certificación enerxética de vivendas. É unha acreditación europea avalada por ENAC.

Faltan profesionais neste sector?

Estanse collendo enxeñeiros industriais, navais, de minas da especialidade de enerxía… Pero non hai un perfil concreto de eficiencia e aproveitamento enerxético.

O consumo cero é unha utopía, pero debemos camiñar cara á sustentabilidade.

Ten sentido que alguén que non sexa enxeñeiro ou arquitecto curse este mestrado?

Este estudo ten unha transversalidade brutal, case tanto coma o de prevención de riscos laborais. Aínda que o temos enfocado dentro da enxeñería e arquitectura, dá cabida a outras áreas, porque comezamos dende o principio, con materias básicas.

O mestrado é para industria ou ten unha parte máis doméstica?

Aborda a eficiencia e o aproveitamento enerxético en xeral. Ten un enfoque técnico, pero non circunscrito só á rama industrial.

Fixemos algo en eficiencia e aproveitamento enerxético?

Houbo un paripé. Moita xente non se decata de que se fai unha vivenda e se centra moito no illamento desta, amortiza o investimento en 4 ou 5 anos. O mesmo acontece na industria. Este tipo de investimentos son rendibles. E canto menos gastemos en enerxía, menos dano facemos ao medio ambiente. O consumo cero é unha utopía, pero debemos camiñar cara á sustentabilidade.

Malgastamos enerxía?

Moita. Tamén é unha cuestión de educación e concienciación. Hai que ir concienciando dende abaixo, dende os nenos. A eficiencia vai da man da educación, dos profesionais e da sociedade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s