Praza de Lugo, un mercado a pé de rúa

O mercado da Praza de Lugo convive no centro da cidade cunha área de importante volume comercial. Pola súa situación, porque as prazas de abastos están de moda ou porque cada vez os consumidores prestan máis atención á calidade e á proximidade do produto fresco, son foco de atracción turística e seducen a un público cada vez máis novo.

Este espazo, de nome oficial Mercado Eusebio da Garda, atravesou unha impotante reforma hai uns anos. Hoxe conta cun centenar de postos, dos cales 70 se atopan integrados na asociación de vendedores do mercado, creada tras a desaparición dunha organización de similares características.

Chelo Hermida presidiu este colectivo ata o ano pasado. Forma parte dunha empresa familiar que botou raíces nesta praza. Un negocio ao que teñen contribuído tres xeracións da familia. Non todos os postos do mercado atopan un relevo xeracional. “A xente non se atreve a investir porque a concesión acaba en 2023” explica, malia tratarse dun mercado “con moito para elixir”. A Coruña alardea de ser unha cidade onde prima a gastronomía e a materia prima de calidade, enchéndose os postos, por momentos, de ducias de visitantes, curiosos e turistas.

Punto de encontro

Máis alá do fenómeno turístico, existe a realidade das compras. E aínda que para Chelo Hermida “no mercado da praza de Lugo non nos podemos queixar”, lamenta que “pouca xente” compra hoxe en día neste tipo de mercados. Si detecta que a praza é un punto de encontro para xente nova e familias con nenos, especialmente nas fins de semana, o que axuda ás economías dos postos.

A dinamización do lugar vén a través de diferentes actividades que se suceden ao longo do ano, organizadas tanto polo propio mercado como pola asociación de vendedores, o Concello ou a Federación de Prazas de Abastos de Galicia (FEPRAGAL). No pouco tempo de vida da organización de vendedores do mercado Eusebio da Garda, téñense organizado moitas actividades, grazas a unha forte implicación dos vendedores no colectivo. Esta implicación ten permitido tamén á asociación constituírse como un actor social de peso e conseguido que moitas das súas demandas sexan escoitadas e atendidas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s