2020: o ano das praias coruñesas

Foto: Concello da Coruña

O SERGAS vén de recoñecer a todas as praias da Coruña a cualificación de excelentes. O organismo autonómico confirma así un dos trámites imprescindibles para a obtención da bandeira azul. A clasificación anual confirma as praias da cidade como un dos atractivos da Coruña tanto para veciños como para visitantes.

A concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, felicitouse pola boa condición das praias da cidade, destacando o traballo do goberno local “non só para obter a bandeira azul, senón as Q de calidade que prestixien e garantan aínda máis as nosas praias como reclamo turístico, como zonas naturais de lecer para todos os coruñeses e que ao mesmo tempo preserven un medio natural tan apreciado e do que sentirnos tan orgullosos como son as nosas praias e no seu conxunto todo o noso litoral”, sinalou.

A Coruña conta con máis de dous quilómetros de praias, o que converte o municipio nun espazo idóneo para a práctica de todo tipo de deportes náuticos e para o lecer vacacional. Riazor, o Orzán ou o Matadero continúan a poñer a cidade no mapa do verán.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s