Aposta pola Coruña peonil

Fotografía: Concello da Coruña

O Concello avanza na definitiva peonalización das rúas Alcalde Marchesi, Primavera e Compostela. A alcaldesa, Inés Rey, visitou xunto ao concelleiro Juan Manuel Díaz Villoslada, responsable de Mobilidade, a zona para recoller as impresións da veciñanza e o comercio local sobre a peonalización da área. A medida, extensible durante o período das rebaixas, supón unha nova aposta pola humanización de varias áreas urbanas e por unha mobilidade sustentable, cómoda para os peóns.

Inés Rey congratulouse de ter atopado entre os veciños un “apoio absoluto”, sinalando que escoitou varias peticións para que “o manteñamos así”. En consecuencia, o Concello estudará ampliar esta iniciativa durante as rebaixas se o comercio local se manifesta nese sentido.

Pola súa banda,  Juan Manuel Díaz Villoslada declarou que o Concello se compromete a abrir as rúas ao tráfico rodado logo do día 6, pero mostrouse receptivo á posibilidade de, durante o día de hoxe, valorar as propostas das persoas residentes na zona. Na mesma dirección, apuntou que o goberno local traballa nun proxecto integral de peonalización permanente que precisará de contar cun proceso previo de diálogo entre cidadanía e institución, que trasladarán á vindeira Mesa de Mobilidade a fins de xaneiro.

A alcaldesa completou esta información salientando que “o futuro da mobilidade urbana pasa por non utilizar tanto o coche”, apostando polo transporte público, as humanizacións e a sustentabilidade ambiental. Lembrou a peonalización da rúa Barcelona en 1994 como un importante fito urbanístico na historia da cidade, que superou as reticencias da veciñanza e conseguiu espertar simpatías cara a políticas que “axuden a mellorar a calidade de vida da xente”. Inés Rey defendeu avanzar neste modelo de xeito rigoroso e meditado, a través de estudos previos de todas as cuestións técnicas, como o restablecemento das prazas de aparcamento e a habilitación de novos espazos.

Posteriormente, o concelleiro de Mobilidade incluíu a contorna da praza de Lugo entre os espazos que integrarán o proxecto de humanización, como aparece reflectido nos orzamentos participativos. O Concello estudará os novos itinerarios de recollida do lixo, así como a construción de plataformas únicas con árbores e das entradas de garaxe. O plan podería comezar a tomar forma ao longo de 2020 e comezará a definirse na xuntanza deste mes. “É unha realidade”, rematou a alcaldesa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s