Homenaxe a Rogelio Groba o 18 de xaneiro no Teatro Colón

Rogelio Groba. Foto: Concello da Coruña

O mestre Rogelio Groba será homenaxeado nun concerto no Teatro Colón o vindeiro día 18 a cargo da Orquestra de Cámara Galega. O compositor, que cumpre 90 anos, recibirá así un recoñecemento coa colaboración do Concello da Coruña e o de Ponteareas, así como a Xunta de Galicia e a propia Fundación Groba.

O concerto incluirá algunas das 720 composicións do Mestre, que tratan temas tan dispares como a etnografía, a paisaxe ou a historia de Galicia. A pianita italiana Elisa D’Auria será unha das participantes no recital, así como Spyros Kakiolas, clarinetista grego. Corresponderalles a tarefa de interpretar dúas das composición máis recentes de Groba: “Soatiña” -estreada en Bruxelas o ano pasado- e “Peculiaridades”, de 2018. O concerto incluirá tamén interpretacións de autores como Jean Sibelius ou Johan Sebastian Bach.

Rogelio Groba é unha figura senlleira da música galega e da vida cultural coruñesa. Foi director da Orquestra Municipal da Coruña durante 23 anos, e tamén fundador da Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña e mais da Orquestra de Cámara Municipal. A súa ampla traxectoria creativa foi distinguida con galardóns como o Premio da Crítica Galega de 1979, o Premio Xunta de Galicia da Cultura en 1992, a Medalla Castelao en 1995 e a distinción de “Galego do Ano” en 2002, así como o Premio Internacional Auditorio de Galicia de 2004.

As entradas para o concerto poden adquirirse na plataforma eventbrite.es e no despacho de billetes do auditorio. O seu prezo é de 5 euros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s