Novidades nas axudas para rehabilitar

Fotografía: Concello da Coruña

A web municipal do Concello recolle desde hoxe os obxectivos da nova norma sobre axudas á conservación e rehabilitación de edificios, a fin de que particulares e colectivos poidan consultalos e achegar as súas opinións. A OMACREV exporase ata o 21 de xaneiro para posteriormente proceder á súa aprobación.

O Goberno local lembra que esta modificación adecuará a ordenación municipal aos obxectivos de desenvolvemento sostible da ONU propugnados en 2015. Trátase de acadar, segundo os servizos de comunicación do gabinete local, “urbes máis compactas e inclusivas, a través da mellora das súas condición de eficiencia enerxética, mobilidade, accesibilidade, integración da diversidade e preservación do seu patrimonio cultural”.

A ordenanza simplifica o procedemento polo cal se conceden as axudas, así como o control económico das obras que se efectúan grazas a elas, determinando e cuantificando con maior precisión os obxectivos destas intervencións. A nova normativa regulará os documentos a presentar para a solicitude de axudas e a súa xustificación, e tamén incidirá na precisión das actuación susceptibles de ser subvencionadas, así como dos necesarios avanzos en Eidos como a eficiencia enerxética ou a sustentabilidade.

No que corresponde á contía das axudas, a maior novidade atópase en que estas dependerán do tipo de actuación concreta. Os importes serán sometidos a revisión para homoxeneizalos en función da obra e da protección do inmoble.

A Concellería de Urbanismo sinala as virtudes da súa proposta, considerando que “propiciará unha mellor armazón” entre documentación técnica, orzamentos e documentación xustificativa das obras. Procúrase así “evitar discrepancias posteriores sobre a procedencia de outorgar definitivamente as axudas”.

A cidadanía pode enviar as súas suxestións a rehabilitacionvivenda@coruna.es.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s