Amplo acordo orzamentario

O Pleno municipal aprobou esta mañá o orzamento xeral para o ano 2020 co apoio da maioría dos grupos municipais, coa excepción dos 9 representantes do Partido Popular. No documento acordado indícase unha previsión equilibrada de ingresos e gastos de preto de 260 millóns de euros, dirixidos, segundo fontes municipais, a “favorecer o impulso da actividade económica e a sustentabilidade medioambiental”, así como “garantir o benestar social” con especial énfase na “mobilidade urbana”.

O socialista José Manuel Lage, voceiro do Goberno local e concelleiro de Economía e Facenda, defendeu os orzamentos como unha consecuencia do cumprimento, por parte dos socialistas, do programa electoral que presentaron nas municipais do ano pasado, así como do acordo xeral logo dun proceso de “diálogo frutífero” coa Marea Atlántica e co Bloque Nacionalista Galego. Lage defendeu que se trata dun documento “onde prevaleceu o interese da cidade”, co obxectivo de “dotar a Coruña duns orzamentos netamente progresistas e comprometidos coas necesidades da nosa cidade”.

O voceiro do Goberno agradeceu ao grupo municipal de Ciudadanos as súas propostas. Pola contra, lamentou que o Partido Popular, “que é un grupo relevante” e que “representa a moitas coruñesas e coruñeses”, ficase fóra do acordo orzamentario.

Catro eixes
O Goberno local sinala que orzamento municipal para o ano 2020 está asentado sobre catro alicerces principais. Por unha banda, recolle un impulso ás políticas de reactivación económica, “cunha clara aposta polas políticas de benestar social” e mais cun “firme compromiso co medio ambiente”. En segundo lugar, trátase dun “orzamento expansivo”, destinado a reforzar o gasto social e “favorecer a mellora dos servizos públicos”. Por outra banda, prevé unha distribución descentralizada, ao longo do municipio, dos fondos públicos. Por último, o orzamento oriéntase cara a unha “decidida aposta polas políticas de igualdade”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s