Un cupón da ONCE para a Praza de Lugo

entidade, Carlos Fernández. No encontró tamén estivo presente a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira.

A ONCE anunciou un reparto de máis de cinco millóns e medio de cupóns para o sorteo do día 13 de xaneiro. O delegado Manuel Martínez agradeceu a “complicidade e apoio” do Concello para continuar a desenvolver un modelo social que emprega a persoas con diversidade funcional en toda España. Martínez puxo en valor os 81 anos de traballo da organización para a inserción laboral, con 4.000 persoas afiliadas en Galicia. “Somos o primeiro operador de creación de emprego en Galicia e o cuarto de España grazas á solidariedade da cidadanía que nos apoia e confía na nosa organización ao adquirir o noso cupón”, sinalou, destacando que este é “un vehículo de solidariedade”. Os representantes da ONCE salientaron a importancia do traballo institucional e da implicación cidadá para alcanzar a desexada inserción laboral das persoas que máis o precisan, reiterando o seu desexo de continuar a manter unha estreita relación co Goberno local neste ámbito.

Un mercado senlleiro
O Eusebio da Garda, habitualmente coñecido polo nome da praza de Lugo, é un mercado emblemático da cidade. Inaugurado en 1910, a súa construcción débese á vontade expresa do propio Eusebio da Guarda, quen deixou sinalado no seu testamento o investimento de 200.000 pesetas para construir un mercado de ferro en terreos do Concello. O arquitecto Pedro Mariño foi o artífice do proxecto orixinal, ampliamente superado con posterioridade polas necesidades de crecemento do barrio e do propio mercado. A última reforma do mesmo tivo lugar hai 14 anos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s