“Hai que ir humanizar a cidade”

Durante a pasada campaña de Nadal, o Concello experimentou coa posibilidade de humanizar temporalmente rúas como Alcalde Marchesi, Primavera ou Compostela. Foi unha sondaxe da viabilidade técnica e da opinión veciñal, ademais da resposta cidadá. Dende a Asociación de Veciños A Barcarola Catro Camiños, o seu presidente, Juan Iglesias, responde a Aquí Coruña para adiantar que, por parte da veciñanza, a humanización da cidade é unha das necesidades da Coruña do século XXI. “A tendencia xeral é a devolver os espazos públicos á cidadanía”.

Como valora a asociación a peonalización de Nadal da rúa Alcalde Marchesi?
Nós, pola información que recollemos, tanto de comerciantes como de xente que vive alí, pensamos que hai un acordo xeral. Inicialmente, sorprendeu a moitas persoas porque a xente utilizaba moi pouco o espazo libre que quedaba da rúa. Pensamos que tivo bastante boa acollida.

Pensa que se trata dun proxecto xa normalizado entre a cidadanía?
Nós non atopamos ningunha opinión en contra. Ninguén se achegou á asociación para dicir que non estaba de acordo. Nós concordamos coa idea, como está formulada agora mesmo. Pensamos que do que se trata é de devolver as cidades aos peóns, e estas medidas de humanización da zona son as adecuadas. Hai que ir cara a iso.

Humanizar a cidade é unha filosofía cuxos efectos positivos se ben a longo prazo

Incluirían algunha outra zona nas humanizacións inmediatas?
Temos algunhas ideas, pero en principio son cousas que van xurdindo da reflexión e das que non sabemos aínda se concordarían todos os veciños. O que nós facemos como asociación é ir preguntando na zona, preguntando aos comerciantes, e despois sobre iso ofrecemos unha posibilidade á xente que goberna. En principio, a nosa idea era incluír parte da rúa Benito Blanco Rajoy. Pero esta pode ser un pouquiño complicada porque na zona hai garaxes. Eu creo que isto vai ir pouco a pouco. Cando a xente empece a ver como se humanizan as rúas, creo que vai haber mais xente a favor que en contra. Temos que ir pouco a pouco.

Teñen algun dato especifico sobre o impacto da campaña de Nadal coa rúa humanizada?
Non temos nada específico. A opinión expresada polos comerciantes durante a visita da alcaldesa, en xeral, foi que estaban contentos. Tanto comerciantes como particulares, que lles gustaba como estaba. A sorpresa de todo o mundo foi que incluso nós camiñabamos pola beirarrúa pola falta de costume de facelo pola rúa. Sorprendeunos a todos. Creo que, no momento que se peonalice, a utilizacion será distinta. Nós estamos a pensar máis no que se vai facer, nas posibilidades de humanización, que noutra cousa. Non temos datos específicos. Os comerciantes aos que preguntamos estaban contentos, dician que si, que continuase fóra do Nadal, aínda que a alcaldesa dixo que era provisional e que a zona volvería ao seu sitio. Farase un estudo, pero de aquí a un tempo. Pero en principio, moitas persoas xa querían que quedase así.

Isto é a longo prazo, logo.
Claro, si. Eu en principio xa sabes, o de sempre. Antes de empezar xa houbo quen se queixou das obras. Se imos humanizar, obras ten que haber. Nós imos demandar as menores molestias posibles. Tamen podehaber imprevistos que retasen as obras. Isto é a longo prazo, para ir gañando terreo para os veciños. O desfrute da cidade ten que ser para a veciñanza, e non para os coches. Pouco a pouco. Segundo se vaia vendo, a longo prazo estas actuacións e como vai quedando, como a rúa Barcelona, medrará o apoio. A quen se lle ocorrería meter coches agora de novo na rúa Barcelona? Daquela, eu creo que a cousa ten que ir así, amodo. É a dinámica que se ve a longo prazo. Tódalas cidades, cidades máis grandes cá nosa, están camiñando cara a ese estilo: humanizar máis, devolver aos cidadans os espazos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s