O restaurante social revisa á alza o menú

O Concello da Coruña vén de anunciar que asumirá un incremento de 0,5 euros no prezo final dos menús dos restaurantes asociados á iniciativa Talón Restaurante. O prezo máximo dos menús cubertos por este programa social pasa a ser xa que logo de 7,80 euros, incremento no prezo que non repercutirá nas persoas usuarias ao ser asumido polo Concello, a través do talón que os usuarios entregan no establecemento.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Yoya Neira, púxose en contacto cos locais de hostelería que colaboran na iniciativa, facéndolles saber así que o Goberno local aceptaba esta demanda do colectivo. Para a concelleira, “este programa tivo un gran éxito xa que permitiu que as persoas beneficiarias do mesmo teñan acceso a unha dieta equilibrada así como a un espazo de socialización, co consecuente beneficio para a súa saúde física e emocional”. Neira xustificou a subida de 50 céntimos no menú na necesidade de continuar a ofrecer “un servizo de calidade”.

O programa Talón Restaurante Municipal procura, desde hai anos, proporcionar menús equilibrados en establecementos asociados, proporcionando entre 10 e 25 bonos ás persoas usuarias ao mes. Neste colectivo poden incluírse maiores de 65 anos, pensionistas maiores de 60, vítimas de violencia de xénero ou persoas menores de 65 anos cun grao de diversidade funcional superior ao 65%.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s