1,5 millóns de euros para axuda a domicilio

Fotografía: Concello da Coruña

A Xunta de Goberno municipal tratará na súa reunión de mañá a adxudicación da concesión do servizo de axuda a domicilio, no marco do programa de Servizos domiciliarios e atención á dependencia -o SAD1-. A destinataria da concesión será a Fundación para el Estudio y la Promoción de la Acción Social (FEPAS), cun importe máximo de 1,5 millóns de euros ao ano.

O Concello indicou esta mañá que as prestacións, de carácter personalizado, procuran “reducir as limitacións para as actividades básicas da vida diaria”, así como “a socialización de persoas maiores con dificultades graves na súa autonomía persoal”, que se ven limitadas en certas tarefas domésticas. Entre as persoas destinatarias do programa tamén se encontran aquelas que teñan diversidade funcional física, psíquica ou sensorial, así como as familias con dificultade de atención a menores.

Por outra banda, a reunión da Xunta do Goberno tamén se encargará de modificar o contrato do programa municipal de atención de baixa esixencia para persoas sen teito, orientado á inclusión social para persoas en risco. A concesionaria seguirá a ser Aossa Global, SA, por dez meses. Benestar Social defende que se garante así “unha cobertura global todos os días da semana”, ao reforzarse co traballo do Servizo Municipal de Servicos Sociais, SEMUS e a ONG Accem.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s