Piden máis apoio ás persoas con autismo

Fotografía: Concello da Coruña

A alcaldesa Inés Rey e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, mantiveron esta mañá unha reunión en María Pita coa presidenta de Aspanaes, M.ª José Álvarez Folgar, e coa directora xerenta desta asociación, María Teresa Tiemblo Marsal. A xuntanza tivo lugar no marco da relación entre a institución e a asociación -esta última, con catro décadas de traballo en relación co autismo-. Concello e Aspanaes manteñen un convenio de colaboración que a asociación cre cada vez máis necesario ante o crecemento da demanda das persoas con autismo.

María José Álvarez Folgar explicou que o obxectivo do encontro é “formularlle á Administración local a mellora deste convenio”, ao entender que na actualidade queda curto. Para a presidenta de Aspanaes, “a demanda das persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista) aumentou moito”, dado que “a prevalencia de nacementos de persoas con TEA creceu un 25% nos dous últimos anos”.

En consecuencia, Aspanaes reclama apoio na atención a persoas con autismo, ademais de axuda económica para o seu proxecto dunha residencia en Eirís. Álvarez Folgar indicou que “estamos realmente desbordados”, con casos de “mocidade de 16 anos que remata a escolarización” e queda sen praza. Neste sentido, a presidenta defendeu a creación desta residencia como “un desafogo para todos”. Por último, valorou positivamente “crear sinerxías colaborativas” coas institucións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s