O BNG leva a pleno unha tarxeta de axudas

Avia Veira. Fotografía: BNG A Coruña

O BNG levará ao pleno ordinario de pasado mañá, xoves 16, unha moción que reclama a posta en marcha dunha tarxeta moedeiro de axudas sociais, co obxectivo de “evitar a estigmatización das persoas en exclusión”, segundo informa a organización. A concelleira Avia Veira defendeu as posibilidades da tarxeta para reducir a burocracia “que pesa sobre as persoas perceptoras e as empresas”, co obxectivo de “mellorar a xestión municipal”.

A edil do BNG indicou que a iniciativa debe ser complementada “con outros asuntos pendentes”, entre os que incluíu “o plan de inclusión social, a mudanza nas ordenanzas de Emerxencia Social e a Renda Social Municipal”, así como unha maior axilidade na tramitación do bono taxi. Veira alertou sobre o fenómeno da estigmatización da pobreza e a exclusión social, instando ao Concello a habilitar prestacións sociais e a reparar na forma en que estas se materializan. Neste sentido, os nacionalistas lamentan que a obriga de presentar facturas fai que as persoas perceptoras se expoñan e dean conta da súa situación a terceiros, fortalecendo o círculo da estigmatización.

O BNG pon como exemplo a iniciativa da Deputación de Barcelona, que tamén implementou a tarxeta moedeiro. Avia Veira lembrou que mediante esta ferramenta se aforran trámites burocráticos e “situacións violentas” para as persoas perceptoras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s