O PP aprema coa estación intermodal

Proxecto da Intermodal. Imaxe: Xunta de Galicia

A licitación da intermodal, sen novidade dende xuño do ano pasado, foi posta novamente sobre a mesa hoxe polo Partido Popular da Coruña. Os populares instan ao Goberno central a reactivar de xeito inmediato a licitación e á alcaldesa, Inés Rey, a pedir explicacións ao ministerio de Fomento.

En declaracións públicas realizadas esta mañá, o Grupo Popular do Concello lamentaba “as continuas demoras e enganos do goberno socialista nos prazos da estación e na ligazón con Madrid por Alta Velocidade”. Os conservadores referíanse á alcaldesa para recordar que, no comunicado conxunto por parte de Inés Rey e o delegado do Goberno en xuño de 2019, declaraban que “a licitación da parta estatal da obra era inminente” e, non obstante, continúa sen levarse a cabo. Para o PP a xustificación dos socialistas, que o Goberno en funcións non podía licitala, “cae” porque o mesmo goberno si licitou outros investimentos durante o mesmo período.

Falta de compromiso
Os conservadores aínda repasaron outros episodios que demostran, ao seu xuízo, a “falta de compromiso do Goberno socialista” coa Coruña. Entre estes, destacan a falta de financiamento de “investimentos vitais como a remodelación de Alfonso Molina, o Vial 18, a ampliación da Ponte da Pasaxe ou a ligazón ferroviaria do porto exterior” no proxecto orzamentario, fallido, para 2019.

“O último engano coñecido do Goberno do Estado descubriuse onte, cando se soubo a través da Comisión Europea que a ligazón por Alta Velocidade de Galicia e, por tanto, da Coruña con Madrid non estará en funcionamento como mínimo ata xaneiro de 20202, tal e como afirmaba a Xunta e negaban os socialistas”, engaden os populares. O seu partido considera que o “abandono” do presidente do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, “non é só cara á Coruña, senón tamén cara a Galicia”. Neste sentido, lembran que aqueles orzamentos “rexeitados polo Congreso malia os votos a favor dos deputados galegos socialistas e de Marea, recollía tamén unha redución de investimento na nosa Comunidade dun 20%”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s