A Coruña pon o ollo no Atlántico

Esta mañá tivo lugar no Pazo de María Pita unha reunión entre a alcaldesa, Inés Rey, o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage Tuñas, os edís Juan Díaz Villoslada, Esther Fontán, Eva Martínez e Yoya Neira, e a secretaria xeral de Atlantic Cities, Tamara Espiñeira, para abordar diferentes aspectos que facilitan a cooperación transantlántica entre A Coruña e as cidades membros desta plataforma, que desde o ano 2000 é a única rede de cidades no Arco Atlántico.

Atlantic Cities é unha asociación europea de carácter transnacional que representa os intereses e as iniciativas das autoridades locais (cidades, mancomunidades urbanas, deputacións…) ao longo do Arco Atlántico, que o conforman Irlanda, Oeste de Reino Unido, Oeste de Francia, Norte de España, Illas Canarias e Portugal. A súa misión é representar as cidades atlánticas e apoiar o seu desenvolvemento común e “xestionar o interese público  trasladándolles os seus problemas e necesidades aos estados e mais creando proxectos entre as cidades”, asegura Espiñeira.

O obxectivo deste encontro é analizar o rol das cidades en Europa e atopar un punto de encontro entre a rede e a cidade “nun momento de transición para a Unión Europea, posto que os fondos e as políticas van cambiar moito no 2021, e para a propia rede, que cumpre 20 anos”, dixo a secretaria xeral de Atlantic Cities, quen tamén explicou: “Fixaranse prioridades para os vindeiros 20 anos, entre as que se baralla que o mar sexa unha das principais”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s