Suspenso en mobilidade, di o PP

“É imposible acabar coa dobre fila a base de cámaras”, sinalou esta mañá o concelleiro do PP e presidente da Comisión de Mobilidade, Antonio Deus, logo da comisión municipal. Na xuntanza, o concelleiro de Mobilidade do Goberno local, Juan Díaz Villoslada, revelara a intención do Concello de incrementar o número de cámaras destinadas ao control da dobre fila. Para os populares, isto evidencia “o fracaso da campaña municipal” sobre o asunto. O Partido Popular defende ofrecer “alternativas de aparcamento aos condutores” para acabar co fenómeno.

Os populares aproveitaron a Comisión para criticar tamén outra iniciativa municipal, implementada orixinalmente pola Marea Atlántica, como foi a peonalización da Cidade Vella. Argumentan que o proxecto non foi efectivo e fanse eco das “protestas veciñais polo caótico tráfico existente no casco antigo” e o “acceso ao mesmo de vehículos que non contan co necesario distintivo”. Antonio Deus sinalou a este respecto que se trata dunha peonalización impulsada “por motivos electorais” e resultou “fallida e perigosa”.

Por último, o PP tamén se posicionou sobre a constitución o vindeiro 29 de xaneiro dunha Mesa de Mobilidade anunciada polo Concello coa presenza de axentes sociais. “Non toleraremos que se use esa mesa para diluir as responsabilidades do Goberno, que é quen ten as competencias e quen debe exercelas” sinalou Deus, que acusou ao executivo socialista de intentar restar protagonismo á Comisión de Mobilidade por atoparse esta última presidida pola PP.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s