“O que arde” na Semana do Cinema Galego da Coruña

A primeira Semana do Cinema Galego foi presentada esta mañá polo edil de Cultura, Jesús Celemín. A mostra, que terá lugar no Teatro Colón entre o 6 e o 9 de febreiro, está coordinada por Javier Trigales e comezará coa presentación de “O que arde”, de Óliver Laxe.

En declaracións aos medios o edil Jesús Celemín sinalou que a pequena mostra confirma a aposta de Cultura polo cine feito en Galicia. O concelleiro explicou que nestes días se poderán ver ata cinco filmes, todos eles candidatos aos premio Mestre Mateo 2020. Cada proxección irá precedida dunha curtametraxe do propio autor, co fin de vermos a súa evolución e “a cita rematará cun coloquio sobre a cinta”. “Con entrada gratuíta, o público poderá corroborar desde a butaca a calidade do que se realiza no país e que está recibindo recoñecementos a nivel internacional”, explicou Míguez, quen engadiu que xa empezou a conta atrás para a festa do audiovisual galego, que será o 7 de marzo no Pazo da Ópera.

O xoves 6 de febreiro ás 20:00 horas proxectarase a premiada longametraxe de Óliver Laxe. O filme, nominado aos premios Goya e recentemente recoñecido co premio Gaudí como mellor filme europeo, contará na súa proxección coa presenza de parte do equipo, como o sctor protagonista Amador Arias.

O venres tocaralle o turno a “Longa noite”, de Eloy Enciso, do que se
presentará tamén o traballo “Out of memory”. Para o sábado, haberá unha sesión dobre cun primeiro pase ás 19.00 horas, onde se poderá desfrutar de “Eroski paraíso”, codirixida por Xesús Ron e Jorge Coira. Deste último, verase antes “O matachín” e no coloquio estarán presentes o propio Xesús Ron, as actrices Patricia de Lorenzo e Cris Iglesias, o actor Miguel de Lira e o produtor Gaspar Broullón.

Ás 22.00 horas proxectarase “Quien a hierro mata”, de Paco Plaza, que vén de trunfar nos premios Feroz. Ao inicio, proxectarase a peza “Abuelitos” e para o debate estará a intérprete María Vázquez. Por último, a semana pecharase o domingo ás 20.00 horas con “Feedback”, de Pedro C. Alonso, e coa curtametraxe inicial “Ver con los propios ojos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s