A cidade será zona 30

O Concello vén de decidir declarar a Coruña como zona 30. O concelleiro Juan Manuel Díaz Villoslada anunciou en rolda de prensa a intención de reducir a velocidade na circulación en todo o conxunto da cidade. O edil adiantou tamén os plans do Goberno para humanizar o casco urbano cunha rolda peonil desde San Diego ata o Agra. Con estes proxectos a Coruña integrarase na Rede de Cidades que Camiñan. Segundo a Organización Mundial da Saúde, a redución da velocidade é un factor positivo na redución da siniestralidade e das emisións de CO2.

Será na próxima mesa de mobilidade do día 29 onde se aprobará a declaración da Coruña como “cidade 30”. O Concello persegue aumentar a presenza peonil na estela doutras cidades cunha limitación de velocidade na circulación a 30 kilómetros por hora. No caso das rúas con plataformas únicas, esta pode reducirse a 20 e incluso a 10 kilómetros por hora. A medida terá validez na práctica totalidade do conxunto urbano, quedando fóra aquelas zona onde sexa imposible por tratarse de vías de dobre carril.

Villoslada estivo acompañado polo director da Compañía de Tranvías de La Coruña, Ignacio Prada, que informou das cifras de uso dos autobús urbano, que se incrementaron nun 5,08% con respecto ás rexistradas en 2018. O responsable da área de Mobilidade confirmou que xa tramitaron o expediente para que a Xunta aprobe a extensión do percorrido urbano dos buses ata Santa Cristina

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s