“O Candil, un musical galego”

musical

O Fórum Metropolitano ofrecerá desde este venres unha nova entrega do ciclo “Sen Numerar. Primavera 2020” coa posta en escena, ás 21.00 horas da obra “O candil, un musical galego” da compañía Escola Galega de Teatro Musical. Este apartado incluirá distintos espectáculos para ás persoas adultas pensados por agrupacións galegas de prestixio, moitas delas pertencentes á Rede Galega de Teatros e Auditorios, xunto a outras que chegarán de fóra do país. A peculiarade de contar cun teatro de butacas móbiles permitirá cambiar a configuración tanto do escenario como da ubicación do público, adaptando o mesmo ás necesidades de cada montaxe. En “O candil, o musical galego”, a butaca achegarase á historia de Carmela, que tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabellón Lino, un famoso teatro de varietés. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento.

Por outra parte, a semana pasada empezou no Fórum Metropolitano o ciclo “Todo público” co espectáculo “La niña azul”, dos aragoneses Zazurca Artes Escénicas, que dará paso o 1 de febreiro ás 18.30 horas a “Hubo”. El Patio virá desde A Rioxa para interpretar unha obra sen palabras que fala do amor, a perda, a soidade, a memoria e o arraigamento. “Hubo” é unha homenaxe aos pobos, ao mundo rural e ás persoas que o habitan.

En marzo, o día 7, poderase desfrutar de “El viaje de Ulises”, de Teatro Gorakada, en que a compañía de Euskadi se irá ata o mundo grego para poñer enriba do escenario aos deuses que moraban a cima do monte Olimpo e aos homes que se atreveron a desafialos.

Todo Público” diríxese ao público infantil (de 3 a 14 anos) e  familiar, cunha oferta que abarca tamén público escolar en horario lectivo. Contrátanse normalmente cinco funcións, catro para escolares e unha para público familiar en fin de semana (sábado ás 18:30 h). As propostas que realizan tanto as compañías do país como as nacionais son moi variadas e van desde teatro con monicreques ou obxectos a medios audiovisuais e danza

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s