Pendente a xuntanza pola RISGA

Resultado de imagen de "Inés Rey destaca la importancia de tender puentes para reforzar"
Arquivo: a alcaldesa Inés Rey e o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo na inauguración da pasarela entre Agrela e Marineda City. Fotografía: Concello da Coruña

O Goberno municipal declarou a súa vontade de reunirse coa Xunta de Galicia “para abordar as deficiencias que os servizos técnicos municipais encontran na RISGA”. O executivo local respondeu así á pregunta que a concelleira do BNG Avia Veira presentara por escrito para reclamar explicacións sobre a retirada do complemento de vivenda da RISGA “a moitas persoas que residen en pensións, mais que están empadroadas en enderezos de entidades benéficas”.

A concelleira do BNG preguntou igualmente ao Goberno socialista se está a traballar na posta en marcha dunha bolsa de vivenda en aluguer, “tal e como BNG e PSOE conviñeron en xuño pasado no acordo que fixo viábel a investidura de Inés Rey”. O BNG informa de que “o Executivo coruñés limítase a responder que si está a traballar neste asunto, sen dar máis detalles”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s