Fin de semana de hockey

O equipo senior feminino da ADC Alquimia Hockey Inline

Non todo vai ser fútbol. Os deportes alternativos buscan o seu oco na Coruña e congregan a un grupo fiel de xogadores e afeccionados. Iniciativas de base que saben ben que os valores que transmite o deporte son unha riqueza social. É o caso do traballo que leva case nove anos desenvolvendo a Agrupación Deportiva y Cultural Alquimia Inline, unha entidade que agrupa arredor de 300 persoas socias e difunde e practica varias disciplinas distintas arredor da patinaxe: hockey sobre patíns de liña, patinaxe de velocidade e freestyle.

A Agrupación naceu consciente das múltiples posibilidades que ofrece a nosa cidade para a práctica da patinaxe. Entre os seus obxectivos está ensinar aos socios e socias a “desenvolverse con solvencia entre os obstáculos urbanísticos que plantea calquera cidade” para “desfrutar dunha das contornas máis amables do Norte de España, dunha maneira segura”, sinalan. Con todo, recoñecen as dificultades para difundir a práctica desta clase de deportes. “É moi complicado chegar á xente, ter pistas para a práctica e mesmo atopar colaboradores”, recoñecen, se ben na Coruña “hai espazo para todo tipo de deportes”. Salientan que “o deporte en equipo crea un vínculo onde os seus compoñentes chegan a ser máis que meros xogadores”.

A ADC Alquimia Inline conta con tres equipos -senior masculino, feminino e infantil- que xogan ao hockey sobre patíns de liña, un deporte “fundamental” para rapaces e adultos. Destacan que nas categorías inferiores os equipos son mixtos, un feito pouco frecuente noutros deportes que axuda a difundir importantes valores de igualdade.

Nas categorías inferiores de idade os equipos son mixtos

Durante esta fin de semana teñen lugar ata cinco partidos que involucran os equipos senior e benxamín. “Damos moita guerra”, recoñecen dende o club, malia non atoparse “na cima da clasificación”.  Hoxe sábado enfróntanse o Senior Masculino ADC Alquimia ao Brigantium (15:05), o Benxamín ADC Alquimia ao Brigantiños (17:40) e o AQA-Alquimia Inline ao Brigantium Feminino (18:50). Estes tres partidos Terán lugar no Agra 1. Ás 20:30 h xogará de novo o senior masculino no Palacio dos Deportes de Riazor contra Lóstregos Máster.

Mañá domingo, o pavillón de Montealto acollerá o partido dos benxamíns da ADC Alquimia Inline contra os Galicia Rollers ás 12:30. Ás 16:15 será o partido contra os lugueses CHL Meigas.

Outras disciplinas
As outras disciplinas da Agrupación son o freestyle, a patinaxe de velocidade e a patinaxe recreativa. A primeira é unha modalidade baseada na técnicas, con varios estilos como son o slalom -con trucos sobre unha liña recta de conos separados entre si), o speed slalom, onde o tempo que se tarde en superar a proba é importante, o salto de altura con rampa -onde se compara a altura saltada por cada competidor- e os derrapes -onde se puntúa a dificultade técnica, a duración ou o estilo-.

A patinaxe de velocidade en liña é unha modalidade de rápido desenvolvemento, que require dunha alta preparación física e mental. Combina forza, habilidade e resistencia, e as competición desenvólvense en catro tipos de espazos: indoor -en instalación cubertas con chan de madeira-, pista, circuíto pechado e circuíto aberto, que mesmo pode ter lugar entre dúas cidades distintas.

Patinaxe de velocidade

En canto á patinaxe recreativa, é unha das áreas onde a agrupación ve moita potencialidade ao espazo urbano coruñés, sempre que se faga atendendo á seguridade.

O deporte para unir as persoas
Máis alá do deporte da competición ou da exhibición, a ADC Alquimia aposta por unir ás persoas a través da práctica recreativa e das actividades fóra do terreo de xogo. Durante os meses de verán organizan rutas e saídas en familia coas persoas socias, practicando xuntas a patinaxe mesmo en horario nocturno. Ademais, participan dos actos do Día do Deporte e durante o pasado Nadal organizaron unha recollida de alimentos para persoas desfavorecidas en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s