Labañou cambia de rostro

Representación do proxecto. Fonte: Concello da Coruña

O proxecto do Concello para reurbanizar o espazo público do grupo de vivendas de María Pita en Labañou “garantirá a accesibilidade en todo o barrio” e “permitirá mellorar o aspecto urbano desta zona” dando “priorirdade aos espazos peonís”. Estes son algúns dos eixes da proposta que o Goberno local vén de presentar e pretende licitar a finais deste ano. O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, presentou o proxecto no barrio, onde asegurou que “este proxecto responde ao compriso do Goberno local cos barrios e cos grupos de vivendas sociais”.

Díaz Villoslada xuntouse cos veciños o día 22 para presentarlles o anteproxecto, do estudio de arquitectura RVR, e garantir que mediante a intervención se incrementará a accesibilidade e seguridade da zona. Na reunión estiveron presentes parte do equipo redactor, a
directora da área de Urbanismo e o xefe do Servizo de Rehabilitación e Vivenda. O traballo realizarase en varias fases, sendo a primeira licitada a finais deste ano.

O Concello defende que o plan mellorará a calidade urbana da zona, “apostando por rúas en plataforma única de preferencia peonil, maior número de árbores e zonas verdes e dúas zonas de xogos infantís”. Está prevista a instalación de dúas pérgilas, unha na parada do autobús e a outra na zona infantil. O concelleiro explicou que o proxecto obrigará a realizar algunhas modificacións como a recolocación das prazas de aparcamento. A intención é manter o número existente, pero
levándoas ás rúas perimetrais. Deste xeito, os espazos interiores serán zonas de estancia e de xogo.

Para garantir a accesibilidade total das rúas e espazos públicos do barrio, prevese a instalación de ramplas que comuniquen as diferentes plataformas en que se organizan os bloques de vivendas e o cambio de rasantes dalgunhas das rúas. Contémplase igualmente a instalación de ascensores nos diferentes bloques, a cargo de cada comunidade de propietarios con subvencións da Área de Rehabilitación Integral por un valor de ata o 80%.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s