O PP reclama investimento

O Partido Popular coruñés cargou hoxe contra o Goberno de Pedro Sánchez logo da visita do ministro José Luis Ábalos á cidade, acusándoo de “asfixiar por terra, mar e aire” á Coruña pola inconcreción de investimentos pendentes. O presidente da xestora local, Martín Fernández Prado, lamentou que o ministro chegase “sen traer ningunha solucións” nin “poñer enriba da mesa ningún avance”.

Os populares acusan ao goberno Sánchez de ter “paralizados investimentos terrestres vitais para a cidade e a súa área”, entre os que citan a ampliación da Ponte da Pasaxe, a remodelación de Alfonso Molina ou a estación intermodal. “Tampouco houbo nin un só movemento na ligazón por ferrocarril con Ferol ou Lugo e as noticias respecto á alta velocidade con Madrid recollen un retraso ata xaneiro de 2022”, lamentan os conservadores.

Sobre a situación do porto, o PP considera que o goberno está “discriminando aos coruñeses” ao condonar a débeda do de Valencia e non facer o mesmo co da Coruña. Aseguran que non se respectou tampouco o protocolo asinado polo presidente da Xunta e Portos do Estado que garantía o financiamento e os prazos de tren a Punta Langosteira.

Igualmente, Fernández Prado denunciu incumprimento do Goberno central para co aeroporto de Alvedro, “que bate rércod de pasaxeiros ano tras ano”. Investimentos que, segundo lembran os populares, o goberno Rajoy incluíra nos Orzamentos do Estado de 2018. “A Coruña non pode esperar máis por uns investimentos que xa deberan de estar en exeución ou finalizadas”, rematan os populares, que reclaman que todas estas demandas se recollan nos Orzamentos estatais de 2020 “para licitalas este mesmo ano”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s