Que non che mintan en internet

As fakenews chegaron para quedar. O anglicismo co que se denomina un tipo de desinformación deliberada ou manipulación informativa foi a Palabra do Ano en 2017 e sinala un fenómeno moi anterior. A difusión de noticias falsas é un dos riscos da sociedade da información onde internet permite ao usuario acceder a todo tipo de fontes informativas. Saber debullar o que lemos, vemos e escoitamos para construír un relato informativo verídico que nos permita coñecer o mundo que nos rodea é un dos obxectivos da actividade Que non che mintan.

A ONG coruñesa Ecos do Sur, en colaboración co programa municipal Coruña Dixital e a Biblioteca Ágora, desenvolve unha proposta formativa na que aprender a navegar e distinguir a información fiable en Internet.

Falará deste tema Natalia Monje, especialista en acción ante o discurso de odio e desinformación en Internet. Terá lugar ás 18:00h do 29 de xaneiro na Biblioteca Ágora.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s