Difundindo a experiencia dos maiores

As fundacións María José Jove, Lo que de verdad importa e SM poñen a andar unha nova edición, a segunda, de Tu historia de verdad importa, un programa orientado a “pór en valor a vida dos noso maiores” e “fomentar o troco de experiencias e aprendizaxe, unindo dúas xeracións”. No programa, trece profesionais mozos dedicarán os vindeiros seis meses a descubrir as historias e vivencias de trece maiores que viven nas residencias Sanitas, Domus Vi Oleiros e Domus Vi Matogrande.

Estas tres fundacións avalían positivamente o resultado da edición previa e decidiron continuar e ampliar a iniciativa nesta ocasión. A nova edición do programa reunirá o traballo de 13 voluntarios -tres máis que na anterior-, que compartirán durante medio ano o día a día de 13 maiores, escoitando as súas vivencias e converténdoas posteriormente nun libro. O programa pretende así dar “visibilidade a toda unha xeración a través dos ollos dos máis novos”.

Durante os próximos 6 meses, os narradores reuniranse unha vez á semana cos protagonistas. Este traballo concluirá o 31 de maio. A partir desta data levarase a cabo o traballo de redacción e edición dos libros, que serán presentados en xaneiro de 2021.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s