Riazor vestirá de azul contra a UD Las Palmas

O RC Deportivo está a vivir un bo momento logo da volta ao banquillo de Fernando Vázquez, e a afección está cada vez máis animada. Para acadar un ambiente de entrega no partido do vindeiro sábado contra a UD Las Palmas, o clube anunciou hoxe que regalará a cada asistente ao Estadio nesta cita unha camiseta de algodón co escudo do Dépor e os lemas #póDEse e #sísepuede. O Deportivo pretende “vestir todo o estadio de azul á saída dos equipos ao campo e durante todo o partido para xerar unha onda branquiazul que envolva ABANCA-RIAZOE ao berro de #póDEse” con esta iniciativa.

As camisetas serán repartidas dentro do estadio a todos os asistentes, habendo dispoñibles tanto talla para adultos como infantil. Por iso solicitan, para evitar aglomeracións, que o acceso ao estadio se realice antes das 18:00 horas. O partido comeza ás 18:15 horas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s