O Concello combate o botellón

O Concello toma cartas no asunto dos botellóns nos Xardíns de Méndez Núñez declarando a área como Zona de Especial Protección (ZEP). “Dende o xoves non se poderá facer botellón en Méndez Núñez”, afirma a alcaldesa, Inés Rey, lembrando o deber do Goberno local de “protexer os espazos públicos e velar pola saúde pública”. Mediante esta iniciativa, defende a rexedora, o Concello “cumpre o compromiso que adquiriu ao comezo do mandato de acabar coa práctica do botellón” e de protexer os xardíns para que estes volvan ao “esplendor que tiveron no pasado”.

É precisamente o deterioro deste espazo o que leva ao Goberno local a tomar esta decisión. A celebración do botellón estaba afectando aos xardíns, ocasionando un dano ecolóxico en especies arbóreas, xuntando preto de tres toneladas de lixo ao día seguinte do evento e destrozando de xeito continuado o mobiliario urbano.

O Concello tamén se escuda nos datos do Sergas sobre os efectos do alcol na mocidade para perseguir a práctica do botellón. O organismo público autonómico alerta dun incremento no consumo por parte de menores de idade, especialmente nas mulleres entre 13 e 16 anos. Tamén a Policía Local alerta, no seu caso, dun incremento na frecuencia de actos vandálicos.

Con esta iniciativa, o Goberno procura poñer fin a un evento recorrente que chega a xuntar xoves e sábados preto de 1.000 persoas. A partir de agora incrementarase a presenza policial e colocaranse carteis que lembran a prohibición de facer botellón no lugar. O incumprimento implica multas de entre 200 e 3.000 euros. A ordenanza que regula esta medida leva en vigor desde 2008.

Por outra banda, a alcaldesa lembrou que a Policía Local vixiará o cumprimento dos horarios de peche dos locais nocturnos, e anunciou a instalación de novos puntos de medición de ruído no Orzán. O próximo paso do executivo, logo da declaración ZEP dos Xardíns, é solicitar á Xunta que sexan declarados Ben de Interese Cultural (BIC) logo de rematar o inventario de especies que os compoñen.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s