Segue adiante o plan para a zona 30

Os plans do Concello para facer da área urbana da Coruña unha zona 30 recibiron onte o apoio da Mesa pola Mobilidade. O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, presidiu a constitución oficial desta Mesa, un foro de traballo para analizar as propostas dos distintos axentes vinculados á mobilidade, á imaxe do modelo das principais cidades europeas.

A declaración da Coruña como “Cidade 30” será unha das primeiras medidas a impulsar. A limitación xeral de velocidade na circulación será de 30 quilómetros por hora, reducida a 20 nas vías con plataformas únicas. A medida, explicaron, terá validez en todo o conxunto urbano agás nas vías que teñan dobre carril. A Coruña tamén se incorporará á Rede de Cidades que Camiñan.

Foi tamén aceptada a adhesión á Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sostible aprobada pola Corporación no pasado pleno do 3 de outubro. O obxectivo fundamental da Declaración é a implicación de todos os axentes e sectores, públicos e privados, da cidade en favor dunha política de mobilidade sostible coordinada cun modelo de crecemento urbano que aposte por unha maior cohesión social.

Doutra banda, o titular de Urbanismo e Mobilidade presentou á Mesa un borrador dunha instrución para regular de xeito provisional a circulación dos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP), que na cidade non poderán circular polas beirarrúas. Villoslada confía en que poida aprobarse rápido, porque a intención da súa concellería  é a de sacar adiante unha nova ordenanza de mobilidade na cidade.

A Mesa debateu sobre algunhas melloras no transporte público, entre elas, a futura instalación de plataformas que estarían reservadas para os buses, bicicletas e vehículos de mobilidade persoal. E puxose sobre a mesa a necesidade de revisar algunha das líñas de autobuses co fin de mellorar a conectividade entre os barrios.

A transformación dos espazos publicos para humanizalos e darlle prioridade ás e aos peóns tamén estivo no orde do día. O edil de Urbanismo explicou que o Goberno ten previsto unir o parque de San Diego co Agra do Orzán a través dunha rolda peonil. Levaránse tamén a cabo proxectos de urbanización e peonalización nalgunhas rúas da cidade como as que están a desenvolver en Puga e Parga e proximamente en Mariscal Pardo de Cela.

A mesa está integrada por representantes do Concello e grupos políticos, Xunta e Deputación, así como outras institucións e entidades sociais e económicas e representantes de colectivos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s