O legado de Concepción Arenal

A sede municipal acolleu esta tarde unha homenaxe a Concepción Arenal no segundo centenario do seu nacemento. O acto foi promovido polo Consello Xeral do Traballo Social e o Colexio Oficial do Traballo Social de Galicia, e durante o mesmo presentouse o libro “Concepción Arenal: reformadora social y moral desde la compasión”, de Francisco Idareta, en que o autor responde a cuestións como a relación da intelectual con esta disciplina e como foi máis alá da caridade cristiá para sentar as súas bases.

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, participou representando ao Concello. A edila deu a benvida ás preto de 60 persoas participantes nun debate que xirou en torno á figura da escritora e que, segundo Yoya, foi “a precursora máis importante que tivo o Estado e o traballo social”. Sinalou que no caso dos e das traballadoras sociais do concello, estes realizan tarefas invisibles en moitas ocasións, pero “relevantes e importantes de cara a dignificaren a nosa vida” e contou que as persoas organizadoras fixéronlle fincapé cando lle propuxeron o evento na súa importancia como precursora do traballo social tal e como se coñece na actualidade, “unha feminista nun mundo de homes, que se disfrazaba con roupa masculina para entrar na Universidade e como visitadora de pobres e de presos”.


Pola súa parte, a presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Miriam Rodríguez, sinalou que hoxe é “un día moi especial en que homenaxearmos a unha pioneira que cría que o traballo social non era só unha responsabilidade individual. Continuamos traballando pola defensa dos dereitos das persoas, en especial, das máis vulnerables, e seguimos participando para a articulación de medidas e políticas públicas que mermen esta desigualdade”, manifestou a representante.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s