Comeza a mellora da accesibilidade en Andrés Gaos coa avenida da Gramela

A área de Infraestruturas do Concello inicia o luns os traballos para mellorar a accesibilidade no cruzamento da rúa Andrés Gaos coa avenida da Gramela, no barrio do Agra do Orzán. O obxectivo das obras é garantir a accesibilidade tanto nas beirarrúas coma no cruzamento e pasos de peóns da vía. Desde a concellería explican que as obras responden ás peticións que a veciñanza lle trasladou sobre a falta de visibilidade no cruzamento, e do aparcamento indebido de moitos condutores que deixan os seus vehículos en dobre fila.

As obras consistirán na ampliación das zonas peonís nas esquinas do cruzamento e na mellora da accesibilidade dos pasos de peóns existentes. Isto, explican, aumentará asuperficie peonil e, ao mesmo tempo, gañarase seguridade tanto para os vehículos privados como para os peóns e as peoas. Esta non vai ser a única obra nos cruzamentos do barrio do Agra, no que está previsto levara cabo melloras na seguridade viaria coa ampliación das zonas peonís. Os traballos estenderanse ao cruzamento da rúa Fanny Garrido con Manuel Deschamps, onde os residentes levan tempo reclamando maior seguridade e mellores accesos.

As obras, explica o concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas, Juan Díaz Villoslada, forman parte dun plan integral de mellora dos espazos públicos dos barrios da cidade para dar maior protagonismo aos peóns e as peoas e garantir unha mellor accesibilidade e calidade de vida aos veciños e as veciñas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s