O PP pide aumentar o orzamento municipal

Rolda de prensa do PP local co concelleiro Antonio Deus (esquerda) e o portavoz adxunto Roberto Rodríguez (dereita)

Incrementar en 15 millóns o orzamento da cidade para atender as demandas dos barrios e do emprego local. Esa é a idea forza das alegacións ao proxecto orzamentario municipal que o Partido Popular presentou hoxe en rolda de prensa. “O que propomos para a Coruña é máis emprego e menos festa e autobombo”, resumiu o portavoz adxunto Roberto Rodríguez, quen reclamou para a cidade “un orzamento para solucionar problemas reais da xente”. Para os populares, “hai moitas carencias” no documento inicialmente aprobado, que podían terse solventado “con maior vontade de diálogo”.

As alegacións ao orzamento inclúen un incremento de 2,69 millóns de euros para Promoción Económica e Emprego, así como 5,31 millóns para benestar social (incluíndo partidas para mobilidade, participación cidadá ou servizos sociais) e 7,4 millóns para investimentos en barrios. A proposta tamén reduce os gastos en propaganda municipal e eventos festivos.

“O PP presenta propostas para unha cidade máis dinámica, solidaria e limpa”, reclamou o representando do partido, para quen o panorama agora mesmo é o dunha “cidade paralizada e sen iniciativas de calado”. Rodríguez reclamou un proxecto orzamentario para o “urxente e importante” que permitan responder “materias pendentes durante estes últimos catro anos e medio”, entre as que o PP identifica “a falta de investimento ou os malos datos relacionados co emprego”. Neste sentido, o portavoz popular indicou que para o seu partido a prioridade é dar resposta ás 14.200 persoas da Coruña desempregadas.





Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s