Mocidade en Europa coa Cámara de Comercio

Un total de 20 mozas e mozos de 18 a 29 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil poderán optar ás axudas da Cámara de Comercio para realizar prácticas ou procurar un contrato laboran en Europa. O prazo de solicitude pechará o 15 de decembro de 2020 ou no momento que se cubran todas as prazas.

As axudas forman parte do Plan de Mobilidade da Cámara, orzamentado con 127.000 euros. Estas axudas artéllanse en dúas liñas. A primeira destínase a facilitar a realización de prácticas en empresas da Unión Europea. A segunda, a favorecer a contratación da mocidade no estranxeiro. As axudas están dispoñibles tamén para rapaces e rapazas que procuren pola súa conta a empresa de destino.

As mozas e mozos seleccionados contarán cun apoio económico como contribución aos gastos de viaxe e de manutención durante o período da formación práctica. Financiará estadías de 3 meses con axudas entre 2.000 e 2.500 euros, ou de 6 meses, que poden acadar os 5.000 euros en axudas.

En canto á mocidade que viaxe con contrato laboral ao estranxeiro, recibirá unha axuda para sufragar gastos de viaxe de ata 820 euros, segundo destino e distancia coa Coruña. Entre os principais destinos están Alemaña, o Reino Unido, Italia, Bélxica ou Grecia. Entre os postos ofertados hai dende prácticas en administración e asesoría internacional a creación de contidos dixitais e desenvolvemento de software, pasando por consultorías de Asuntos públicos na UE ou dereito societario.

A Cámara pon á disposición das persoas interesadas un servizo de información no teléfono 981 216 072 ou escribindo a movilidad@camaracoruna.com.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s