Mostra contra a trata sexual

O Centro Ágora acolle dende onte e ata o próximo día 20 a exposición “Chicas nuevas 24 horas”, proxecto da documentalista Mabel Lozano producido pola Fundación Cepaim xunto con Mafalda Entertaiment. A mostra recolle os mellores fotogramas do documental de Lozano do mesmo nome, reflectindo este mundo clandestino de explotación.

“Chicas nuevas 24 horas” forma parte dun proceso de investigación orientado á concienciación e prevención da trata de persoas con fins de explotación sexual. O seu obxectovp é facer ver en imaxes unha realidade que xera 32.000 millóns de dólares ao ano de negocio cimentado sobre a escravitude de seres humanos. A mostra enfoca a súa denuncia a través de textos e de impactos visuais onde as propias vítimas son o centro da imaxe, buscando chegar á orixe do problema e fomentar a reflexión. A participación do público é un dos alicerces do proxecto. O comisario Juan Nicolás escolleu varias fotografías tomadas durante a rodaxe do filme en países como Arxentina, Colombia ou na propia España. Instantáneas dun mundo clandestino onde as súas protagonistas dan a cara.

A exposición forma parte do programa de actividades da Concellería de Educación. O Concelleiro da área, Jesús Celemín, inaugurou onte a mostra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s