Cóctel de xéneros na Mardi Gras

Bywater call abre o festival Elas Son Artistas

A veterana Sala Mardi Gras presenta unha oferta variada para o fin de semana e a semana que vén, cando arrincará o festival Elas Son Artistas. Electropo, rock, gospel e blues danse cita nunha programación que promete. Esta noite ás 22:30 e dentro do Ciclo Retroalimentación terá lugar a actuación de ‘Presumido‘. A banda viguesa/ourensana de electropop vén de vivir o seu ano de gloria en 2019, sendo considerados nunha vintena de medios como “o mellor do ano” e conseguindo esgotar entradas en boa parte das súas actuacións, así como aparecendo nalgúns dos grandes fetivais do país. Veñen de presentar o seu LP Cuatro Estaciones, formado por 4 epés cos nomes das estacións do ano. Están a presentalo nunha xira por máis de 20 cidades españolas.

O sábado ás 22:30h actuarán os asturianos ‘Onza‘, unha banda rock de creación recente cuxos integrantes arrastran longa experiencia en formacións como ‘Desakato’. A pesar da súa recente aparición como grupo, combinan unha boa dose de experiencia cun son potente e rochoso, de base rockeira e enrxía punk. Destacan pola voz agresiva e hardcore apoiada por coros melódicos. Abrirán a función os coruñeses Sin City Devils.

Arrinque do festival ‘Elas Son Artistas

Aínda que o ‘Elas Son Artistas se desenvolverá entre o 17 e o 26 de abril, a organización deixa un primeiro “petisco” como adianto coa actuación de ‘Bywater call’, unha formación que abraza os sons do gospel e o blus. O grupo nace da química entre a voz de Meghan Parnell, enérxica e poderosa, e a suxestiva guitarra de Dave Barnes. A banda naceu en 2018 e ten gañado dende aquela o circuíto do festival canadensa coa súa forza escénica e a impresionante exhibición de sete músicos. O espírito da banda é comparado co de artistas como Aretha Franklin ou Otis Redding.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s