Cuarteto Quiroga trae os sons de Beethoven

A Real Filharmonía de Galicia chega este sábado ao Palacio da Ópera da Coruña da man do Cuarteto Quiroga. Ás 20h terá lugar o concerto ‘Xogando con Beethoven’, encadrado nos fastos do 250 aniversario do nacemento do xenial compositor. Xunto ás actuacións en Vigo e Santiago será a primeira vez que se interprete en España ‘Masquerade’ de Anna Clyde. Paul Daniel levará a batuta na súa función de director titular artístico, co Cuarteo Quiroga como convidado de luxo. A obra ‘Absolute Jest’ de John Adams e a ‘Sinfonía nº2’ de Beethoven completan o programa.

O concerto ábrese con ‘Masquerade’, unha peza encargo da BBC que alude ao ambiente festivo dun baile de máscaras. O Cuarteto Quiroga interpretará a continuación ‘Absolute Jest’, unha peza onde John Adams elaborou, por encargo da Sinfónica de San Francisco, unha homenaxe a Beethoven polo centenario d orquestra estadounidense. O Cuarteto está formado polos violinistas Aitor Hevia e Cibrán Sierra, o viola Josep Puchades e a violonchelista Helena Poggio. Foron recoñecidos en 2018 co Premio Nacional de Música e están considerados un dos grupos máis singulares da nova xeración europea. Son internacionalmente recoñecidos entre crítica e público polo carácter audaz e renovador das súas interpretacións. Naceron co obxectivo de render homenaxe ao grande violonista galego Manuel Quiroga e son un habitual dos principais escenarios camerísticos internacionais, como o Wigmore Hall londinense ou a Filharmónica

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s