Cambio nas axudas á rehabilitación

A Xunta de Goberno Local ordinaria do mércores 11 aprobará o proxecto de ordenanza reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas na cidade. O Goberno local acomete así unha revisión profunda da ordenanza ata co obxectivo de simplificar o procedemento da concesión de axudas. O Concello xustifica a modificación tamén na necesidade de manter “o control económico das obras”, así como “unha determinación e cuantificación mais polo miúdo dos seus obxectivos”.

As numerosas modificacións que experimentou a ordenanza causaron, para o Goberno local, “unha certa disfunción no seu articulado, que dificulta a súa interpretación pola cidadanía”. Os socialistas sinalan que ” adificultade na tramitación das últimas convocatorias realizadas nos anos 2017 e 2018 está a amosar claramente as debilidades desta ordenanza para facilitar procedementos áxiles para a concesión das axudas e para comprobar o executado e os seus importes”.

Campamentos municipais
A mesma Xunta de Goberno Local servirá tamén para aprobar á prórroga do contrato de servizos de campamentos municipais urbanos en centros cívicos para nenas e nenos de 4 a 16 anos durante o verán e o Nadal. O concurso das licitacións de campapmentos de día e campamentos tradicionais abrirase en breve.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s