A ampliación do CHUAC sobre a mesa

Modificar a disposición do hospital co obxectivo de reducir o impacto sobre as vivendas afectadas en Eirís, desprazando os ámbitos de crecemento do hospital cara ao norte. Esa foi a proposta que o Goberno local puxo sobre a mesa na reunión que mantiveron esta mañá a alcaldesa, Inés Rey, e mais o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, acompañados polo concelleiro de Infraestruturas Juan Díaz Villoslada, a súa homóloga autonómica Ethel Vázquez e persoal técnico de ambas as dúas administracións.

A xuntanza, que a rexedora considerou “positiva”, será a primeira de varias que se prolongarán durante as próximas semanas. A posición do Concello foi a de instar a modificar o proxecto para reducir o impacto sobre as vivendas e as expropiacións de carácter residencial, se ben a alcaldesa deixou claro que a proposta municipal está aberta a modificacións. O proxecto atópase, segundo a rexedora socialista, “nun estado “case embrionario” para que sobre esa base “ambas as administracións” empecen a traballar “coordinadamente para que exista un único proxecto”. Rey engadiu que “nas vindeiras semanas” comezará a estudarse o borrador do convenio que recolla as obrigas de cada administración respecto á construción e infraestruras necesarias, e traballarase nunha “mesa máis técnica con propostas máis técnicas”.

En resumo, a alcaldesa considerou que estamos “no período de analizar posibles solucións e minimizar os impactos” para determinar escrupulosamente “cantas vivendas estarán afectadas”. Reiterou o compromiso municipal para “que esa afectación sexa mínima”, se ben sinalou que “haberá expropiacións” xa que a “localización do hospital” fainas necesarias. “Trataremos de que sexan de mínimo impacto”, prometeu.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s