
O Concello anunciou hoxe que habilitará puntos de información sobre as eleccións autonómicas do vindeiro 5 de abril a fin de solventar as dúbidas cidadás sobre as mesmas. A veciñanza poderá informarse no Fórum Metropolitano, no centro Ágora e no propio Concello. O servizo quedará establecido a partir do luns e prolongarase ata o día 24 de febreiro. O horario será de luns a venres, de 08.00 a 20.00 horas. s sábados, domingos e festivos abrirán de 09.00 a 14.00 horas.
Para quen non poida achegarse, habilitarase o teléfono 010 no mesmo horario. As persoas que chamen desde fóra da Coruña deben marcar o 981 920 010. Para manter unha conversa por esta vía, requerirase unha acreditación de identidade.