Case 2.000 corredores para o Medio Maratón C21

Case dous mil deportistas, o mesmo número que en anos anteriores, participarán mañá, día 16, no Medio Maratón C21, que se desenvolverá dende as 10h ata as 12.:30h. O percorrido da proba partirá do Obelisco ata a Dársena de Oza e dende alí ata a rotonda das Ánimas, no dique de abrigo, e estará libre de tráfico e acoutado con valados. Os únicos vehículos que poderán circular serán os designados pola organización; deste xeito e mentres dure a proba non se poderá circular polo Cantón Grande, Cantón Pequeno, praza de Mina, praza de Ourense, Sánchez Bregua, Primo de Rivera, praza da Palloza, avda. do Exército e Estrada do Porto ata a rotonda de Oza. Tamén permanecerá libre de tráfico o tramo dende o Obelisco ata os Pelamios, avda. de Montoto, da Mariña, Porta Real e Paseo Marítimo ata a Escola de Pablo Picasso.


Ao igual que xa ocorreu na Carreira Popular Coruña C10 en outubro, participarán na carreira menores en cadeira de rodas. Ademais, contaremos coa presenza dunha atleta con discapacidade visual e outro máis con discapacidade física. Con este cambio no regulamento, tanto o Concello da Coruña como a Federación Galega de Atletismo, organizadores da proba, queren “dar un paso mais na inclusión das persoas con diversidade funcional nos eventos deportivos”.

Aposta polo medio ambiente
Será o maratón máis implicado co coidado do medio con medidas como a utilización de dorsais fabricados con papel reciclado. Nestes vai unha semente para plantar posteriormente. Ademais, as medallas Finisher, que se lles darán a todas aquelas persoas que cheguen á meta, están feitas en madeira. Doutra banda, por primeira vez todos os carteis e folletos imprimiranse en papel reciclado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s