‘Monte Alto a 100’ gaña o concurso de comparsas

O Teatro Colón acolleu esta tarde o concurso de comparsas, en modalidade de música e letra, en que participaron as agrupacións Melandrainas, Malandros, Como Cabras, Pantaleón, Monte Alto a 100, Amigos da Xoldra e Os Maracos, e dos que saíron gañadores Monte Alto a 100, cun premio de 1.500 euros. Como segundos clasificados quedaron Os Amigos da Xoldra, que se levaron unha recompensa de 1.200 euros; e o terceiro posto foi para Os Maracos, con 800 euros.


O xurado presidiuno a concelleira de Festas, Diana Cabanas, e formaron parte del a directora do Teatro Colón, Bettina Kohlhaas; o director da compañía Noite Bohemia, Javier Fernández Mariño; o profesor, historiador e autor do libro “Choqueiros”, José Alfeirán; a presidenta da Casa da Andalucía, Encarnación del Real; e o director do Orfeón Herculino, Antón Luaces. Genma Pardo “Gemola” conduciu o certame en que as sete agrupacións demostraron a súa picaresca e creatividade con composicións nas que abordaron cuestións de actualidade como o botellón ou a irrupción dos patinetes eléctricos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s