A Coruña quere fixar congresos

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta tarde no salón de plenos de María Pita a unha delegación de Organizadores Profesionais de Congresos,  OPC, encabezada pola presidenta de OPC España, Matilde Almadoz, e de OPC Galicia, Ana Trevisani, que desde mañá ata o sábado participarán en Santiago de Compostela no 32 Congreso Nacional de OPC que reunirá a preto de 250 representantes das principais empresas organizadoras de Congresos de España.

A rexedora agradeceu aos representantes de  OPC a “súa parada na Coruña” porque “a nosa aposta é reforzar a oferta congresista da cidade”. “Cremos que A Coruña é unha boa opción para concentrar eventos de calquera sector polas comodidades que ofrece en canto a tamaño e a servizos”, explicou.

Rey lembrou que a cidade acolleu o ano pasado 87 congresos nos que participaron un total de 45.510 persoas e destacou o traballo que realiza o Consorcio de Turismo para que a candidatura da Coruña “convenza en todos os aspectos”. Desde o sector da hostalería, sempre á vangarda, pero sen deixar de lado a tradición, á oferta museística e de lecer. Todo, apuntou a alcaldesa, sen esquecernos da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade, do noso paseo marítimo e das nosas praias.

A alcaldesa sinalou a axenda cultural da cidade como outro dos seus atractivos. O Festival Noroeste Estrella Galicia, o festival FKM de cinema fantástico, a Semana do Cómic e unha cidade que dispón de infraestruturas que se adaptan a todo tipo de eventos. Unha cidade, dixo, aberta que fai sentir á persoa que a visita como na súa propia casa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s