Aprobados os Orzamentos municipais

Os Orzamentos municipais acadaron hoxe un consenso relativamente amplo no pleno, coa única oposición dos concelleiros do Partido Popular. O proxecto aprobado esta mañá recolle unha previsión de ingresos e gastos de 260 millóns de euros. O Concello asegura que “están dirixidos a favorecer o impulso da actividade económica, a sustentabilidade ambiental, especialmente na mobilidade urbana, e garantir o benestar social”.

O Goberno municipal salientou en declaracións aos medios que os Orzamentos 2020 reflicten “as reclamacións presentadas polos sindicatos, CIG, UXT e Comisións Obreiras nas que pedían que se incrementasen as prazas do grupo C1 do cadro de persoal a 134 e se convocasen 82 prazas de promoción interna do grupo C2 ao C1”.

O voceiro municipal, José Manuel Lage, declarouse satisfeito pola aprobación das contas ao considerar que o proxecto poderá executarse inmediatamente. Lamentou que o PP non presentase propostas “a pesar de que ninguén lles pechou a porta”, renunciando segundo el “a ser un grupo construtivo”. José Manuel Lage quixo quedar coa parte positiva de que “a maioría da Corporación apoia as contas” porque “o orzamento non ten unha cor partidista exclusiva senón unha única cor que é o dos intereses dos veciños e veciñas”, dixo. “Se somos capaces de camiñar por unha senda construtiva, seremos capaces de deixar unha pegada no noso paso pola vida pública”, apuntou. Neste sentido, agradeceu as achegas e o voto afirmativo de Marea Atlántica, Ciudadanos e o BNG. No caso da Marea, recoñeceu especialmente a súa postura a pesar do “difícil labor de pasar á oposición despois de estar no Goberno”

Para o Concello, “os orzamentos do 2020 aséntanse sobre tres piares: a reactivación económica da cidade, a mellora das políticas de Benestar e a aposta polo desenvolvemento sostible, con especial incidencia na mobilidade urbana”.

Na súa intervención, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, cualificou de “bos” os orzamentos do Concello para 2020. “Son expansivos e apostan claramente polo investimento co propósito de dinamizar a economía e xerar emprego”, dixo, destacando o “crecemento importante do gasto social”.

A representante popular, Rosa Gallego, cualificou os Orzamentos como os do «catastrazo, o multazo e o impostazo” para xustificar a oposición do seu grupo. O concelleiro Roberto Rodríguez explicaba esta mañá nos estudios locais da COPE o voto negativo dos populares “non só polo feito de que non se teñan aprobado as nosas alegacións, senón porque se rexeitan ata 83 de varias entidades e veciños”. Para o PP “caeu a careta do diálogo do Goberno local”.

O vicevoceiro do grupo municipal da Marea Atlántica, Iago Martínez, destacou que o seu grupo decidiu favorecer un acordo “porque para nós a Coruña é sempre prioridade e nunca refén, e para enviar una mensaxe de entendemento cara o 5 de abril”. Sen embargo, lamentou “a cifra récord de 86 alegacións”, o que ao seu xuízo mostra que “o Goberno non escoita á veciñanza”. Lembrou igualmente “o incumprimento do acordo para dotar ao Festival Noroeste dunha dirección artística por concurso público”.

Péchanse 14 meses de prórroga
A aprobación dos Orzamentos desta mañá acaba coa prórroga do proxecto de 2018, que se mantivera en xaneiro do 2019 cando o Goberno anterior non conseguira os apoios suficientes en pleno para a súa proposta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s