O BNG acusa á Xunta de electoralismo polo vídeo da Intermodal

Unha imaxe do vídeo

O BNG anunciou que está a avaliar a posibilidade de levar ante a Xunta Electoral a campaña institucional da Xunta sobre a estación intermodal. O portavoz nacionalista Francisco Jorquera acusou ao executivo autonómico de estar “a utilizar recursos públicos, de todas as galegas e galegos” para facer “campaña ao PP” nun momento en que “xa están convocadas as eleccións”.

“A Xunta, aínda gobernada polo PP, substitúe sistematicamente a realidade pola propaganda”, asegurou Jorquera. O voceiro do BNG denunciou igualmente “a falta de compromisos reais coa cidade e coa comarca” que o PP estaría a a tratar de agochar “presentando maquetas da estación intermodal da Coruña, cando neste proxecto á Xunta só lle compete a construción da estación de autobuses e cando, após múltiples retrasos, a dotación prevista nos orzamentos da Xunta para 2020 para esta obra é raquítica”. 

Os nacionalistas consideran que o PP xa actuou do mesmo modo no proxecto de ampliación do CHUAC. “Aí tamén presentou unha maqueta, unha cortina de fume sen financiamento e sen calendario de execución para tapar a realidade dos recortes en servizos básicos como a atención primaria, a realidade do desmantelamento de camas nos hospitais durante as ferias de verán ou a supresión de prazas de Xinecoloxía nos Centros de Orientación Familiar”, sinalou Jorquera.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s