Así foi a derriba do viaduto da rolda de Nelle

Cambia a paisaxe da rolda de Nelle. O fin de semana foi de intenso traballo nos labores de derriba. Os traballos para reurbanizar a zona do viaduto continúan ata o día 5 de marzo. Está previsto que as últimas columnas desaparezan na noite do martes 25, pero durante dez días máis seguirase traballando para acabar cos últimos restos da estrutura e comezar a mudar o aspecto do cruzamento, con ampliación das beirarrúas e plantación de árbores.

Ata mañá martes continúa o corte total do cruzamento, estando o tráfico de saída desviado cara á Vila de Cee e Gramela, e a entrada cara a Vista Alegre e Fisterra. Para quen entra pola avenida de Fisterra o desvío é cara á San Sebastián, e para quen sae desvío por Eladio Rodríguez. O Concello recomenda que hoxe e mañá se sigan a utilizar preferentemente a Rolda de Outeiro, Paseo das Pontes e Agra do Orzán como mellores opcións. Segue prohibido o tránsito peonil na zona de obras excepto para vivendas e locais. Desde o mércores estará recuperado o tráfico pola avenida de Fisterra sen xiros, pero seguirá habendo cortes na rolda.

Cara a outro modelo de cidade
Boa parte do financiamento da obra non se destina a cubrir o derrumbamento, senón que contempla a humanización da área, apostando por reurbanizar para conseguir un espazo peonil antes que unha vía pensada para o condutor. O viaduto marcara, desde 1978, unha concepción de cidade para o motor, que vai sendo desbotada conforme se estende a idea das cidades lentas. Xa o anterior Goberno municipal, dirixido pola Marea Atlántica, impulsara un proxecto que agora materializa o actual executivo socialista.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s