
Unha fotografía pegada por riba da orixinal. Ese foi o sistema con que un condutor tería tratado de falsificar unha tarxeta que autorizaba a aparcar nas prazas reservadas para persoas con diversidade funcional. A Policía Local denunciou a este home por un posible delito de falsificación de documento público ás 15h do pasado 19 de febreiro. O condutor, de 53 anos, estacionou nun reservado para persoas con diversidade funcional. Os axentes procederon a comprobar a acreditación e detectaron anomalías na mesma. Logo de identificar ao condutor, comprobaron que as credenciais pertencían ao pai do mesmo, quen tería colocado a súa fotografía por riba no documento.
Finalmente, a Policía tramitou dilixencias por un delito de falsificación de documento público, e tamén denunciou ao home por estacionar nunha praza reservada para persoas con diverdisdade funcional.