Cantero, alma do Entroido coruñés, xa ten placa conmemorativa

A alcaldesa, Inés Rey, descubriu esta mañá unha placa en homenaxe a Fernando Amaro Barreiro, Cantero, traballador municipal e alma do Entroido coruñés na que se pode ler «En homenaxe a Fernando Amaro Barreiro, Cantero, porque sempre haberá festa onde el estea e puxo Monte Alto a 100!».

Colocada na fachada da casa no número 41 da rúa Areal de Monte Alto, onde Cantero viviu parte da súa vida, o concello pretende con esta placa recordar a súa figura como incansable traballador e coordinador desde o IMCE de todos os eventos culturais e festivos que se realizaban na cidade, en especial do Entroido, a súa festa favorita e na que se afanaba para que todo saíse á perfección. “Amaro axudaba sen pedir nada a cambio”, lembrou a alcaldesa durante o acto.

Acompañada pola concelleira de Festas, Diana Cabana, o edil de Cultura, Jesús Celemín, o de Deportes, Juan Ignacio Borrego, outros membros da Corporación, dos familiares do homenaxeado, e dos membros da asociación Airiños da Torre, da comparsa Monte Alto a 100, que Cantero presidóa e dos veciños e das veciñas de Monte Alto, a alcaldesa, destacou “a súa alma de choqueiro, o seu carácter festivo, o seu don de xentes, sempre dispoñible se o necesitabas, quedamos coxos sen el”.

Inés Rey sinalou que, neste día,  Cantero non querería tristezas, “escollería unha canción, un himno coñecido por todos e todas para que ninguén quedase atrás e abriría o desfile pola Torre”.

“Aínda nos queda a tarde máis choqueira pola que Cantero deu tanto a cambio de tan pouco; así que: Viva o Entroido!”, finalizou a rexedora.

Durante o acto, a coral Airiños da Terra interpretou dous temas: Fisterra e Popurrí de Camariñas, onde interviñeron todos os membros das comparsas presentes no que foi un acto moi emotivo para todas as persoas presentes do barrio de Monte Alto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s