Luis Penido: “O Rally da Coruña é unha carreira dura”

O piloto santiagués Luis Penido chega ao Rally de hoxe xunto ao seu copiloto Sergio Cancela para ir “collendo ritmo” e asinar unha boa carreira que abra o calendario galego. Veterano do motor, con 24 anos de competición ás costas, asegura que “o máis bonito é formularse retos en equipo, desfrutar e sufrir xuntos, porque ao final esas vivencias únennos cada vez mais”. Ten claro que “para o bo e para o malo, sempre en equipo”.

Cales son as vosas expectativas nesta proba?
Son moi boas. Queremos probar o Mini ao que estivemos axustando as suspensións e unha nova xestión electrónica do motor. Tamén queremos conseguir unhas mellores prestacións. Obviamente, o obxectivo número 1 é terminar a carreira, que se prevé dura porque choveu moito pola noite e a estrada vai estar moi esvaradía. Son tres tramos con tres pasadas que realmente son complicados, e o noso obxectivo é ir de menos a máis, coller ritmo de carreira e acabar esta noite na praza de María Pita.

Fálanos un pouco do teu vehículo e do teu copiloto.
Pois imos cun Mini JCW N2 Rally. Somos Luis Penido e Sergio Cancela, que corremos co dorsal 72 e imos intentar facer unha carreira de recuperación, que nos permita ir collendo ritmo para participar no Campionato Galego.

A estampa dos coches en María Pita é xa case emblemática. Cal era o ambiente onte?
A verdade é que si. Estivemos alí concentrados onte e había un verdadeiro ambientazo na praza. Había milleiros de persoas arredor do parque cerrado, desfrutando moito das boas máquinas que se reuniran.

En que se diferencia o Rally da Coruña doutras probas de Galicia?
A proba de hoxe caracterízase porque no canto de ser catro tramos a dobre pasada, son tres distintos a tripla pasada. Son menos tramos a recoñecer, pero son difíciles, duros e complicados, con moitos cambios de ritmo e con moitas trampas. Pero son só tres. Na primeira pasada hai varias zonas onde ao descoñecer o terreo vas máis amodo. Na segunda pasada xa vas mellor, pero na terceira xa podes ir moi rápido, e aí cremos que se poden marcar importantes diferenzas. Especialmente, no tramo de Aranga e de Cerceda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s