Karine colle o testemuño de Jorge

Fotografía: MeteoGalicia

O tempo segue sen dar respiro. A Coruña despediu á borrasca Jorge pero queda baixo o efecto da súa sucesora Karine. A alerta laranxa por fenómenos costeiros continúa ata polo menos as 22h de hoxe, polo que a Policía Local reclama “sentidiño” á hora de circular por espazos en exteriores.

MeteoGalicia incide na perigosidade das zonas á beira do mar. Durante o día de hoxe e ata as 18h haberá mar combinada de noroeste con ondas de ata 6 metros. Durante o resto da xornada as ondas poden ser de 4 a 5 metros.

Case toda a semana que hoxe comeza será de choivas. Agárdase a alternancia de ceos cubertos con nubes e claros, sempre pasados por auga. As temperaturas non variarán do normal para a época, aínda que irán subindo moderadamente mínimas e máximas. Hoxe será o día máis frío, con mínimas de 6º e máximas de 11º. Martes e mércores serán días de ceo completamente anubrado e choiva constante.

A maior parte de España sentirá os efectos de Karine. Toda a cornisa cantábrica desde a provincia da Coruña está en alerta laranxa. Mañá comezará a afastarse a borrasca, pero as choivas e o mal estado do mar seguirán connosco.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s