Abdou viaxa a Senegal grazas á solidariedade coruñesa

Foto de Chaflan Bar.
Fotografía: Bar Chaflán

Correu como a pólvora polas redes sociais da Coruña. O coñecido Bar Chaflán pedía axuda no seu perfil de facebook para que Abdou, vendedor ambulante nacido en Senegal que leva moitos anos como veciño da Coruña, puidese acudir ao funeral da súa nai no seu país de orixe. Unha hucha colocada no bar apelaba á solidariedade veciñal. E o chamamento funcionou.

A colaboración de ducias de persoas conseguiu pagar os billetes de avión cos que Abdou poderá viaxar a Madrid e Dakar. Este coruñés de orixe senegalesa, coñecido na zona e moi querido pola veciñanza, poderá así dar un último adeus á súa nai.

Desde a páxina de facebook do Chaflán lembran que se trata dunha persoa “exemplo da inmigración pura e dura, da loita por conseguir papeis para poder manter á súa familia no seu país, do traballo duro diario baixo sol ou chuvia”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s