
“Conversar sobre o pasado, o presente e o futuro” do Deportivo e sobre “a súa importancia na cidade” é o obxectivo do acto aberto á cidadanía que organiza o Foro Cívico coa presenza do adestrador Fernando Vázquez e dos dous capitáns primeiros do club, Dani Giménez e Alba Merino. O coloquio terá lugar o xoves ás 19:30h na sede da Fundación ONCE no Cantón Grande, 3.
No coloquio estará presente tamén Eduardo López, Beci, antigo xogador e exdirectivo deportivista, para participar nunha charla moderada polo exdirector de deportes de RNE en Galicia, Moncho Viña.